O Mestre Mateo e o Santo dos Croques

Publicado el día 2016-07-13

santo-dos-croques

O primeiro dato coñecido que se ten do Mestre Mateo é nun documento de 1168, gardado no arquivo da Catedral de Santiago, no que se di que o Mestre xa traballa na Catedral de Santiago de Compostela, e por este traballo recibiu unha importante suma de diñeiro do rei Fernando II de León.
É o autor do Pórtico da Gloria da catedral compostelana.

Existe a creencia de que unha pequena estatua axeonllada na parte posterior do parteluz, mirando ao interior do templo, representa ao propio Mestre Mateo; e converteuse en obxecto de veneración sendo considerada como o santo dos croques polo costume dos estudantes composteláns de chocar a cabeza “dar un croque” coa da estatua, para que lles dese inspiración divina para superar os exames. Sargadelos pon ao dispor o “Santo dos Croques”, para que a proibición de bater con el na Catedral (por mor do deterioro que estaba a sufrir a estatua), non impida que o fagades con esta figuriña, iso si, amodiño e con xeito, para que o Mestre Mateo nos transmita intelixencia e sabiduría neste Xacobeo 2010.