Mural en solidariedade con Xapón da Escola de Cerámica de Sargadelos

Publicado el día 2016-07-13

1302790701W.interior1

O mural nace como unha iniciativa da Escola de Cerámica de Sargadelos no Castro en colaboración cos alumnos de primeiro de bacharelato do Instituto de Adormideras da Coruña.

A obra é un xesto solidario con Xapón tras a catástrofe que sufriron.
Nela aparece o poema Iroha atribuído a Kobo Daishi (774-835) contén, sen ningunha repetición, todos os sons da lingua xaponesa e con frecuencia utilízase para a súa aprendizaxe. Un pangrama ou texto que usa todas as letras posibles do alfabeto dun idioma.

Tradución:
Por alegre que sexa a súa cor
(a flor)¡ai! desaparece.
Que hai neste mundo
que podería durar eternamente?
Indo máis alá do hoxe
O límite do mundo aparente.
Eu non verei máis soños que pasan flotando
E non me deixarei enganar máis por eles.

O mural podería ter diferentes interpretacións: a intención dun achegamento á cultura xaponesa xa que este poema é unha das primeiras cousas que aprenden no estudo da lingua xaponesa. A forma de crebacabezas tamén podería
dar lugar a diferentes lecturas (unidade,…).

Proceso:
Está composto por 429 pezas e para a súa realización utilizouse unha pasta cerámica reciclada (composto por refugallos de gres, porcelana,…). Isto fai que non todas as pezas teñan o mesmo aspecto, o que enriquece máis o mural achegando diferentes tonalidades e relevos que o dotan dun carácter de peza única feita a man.