Luis Ramírez deseña pezas da súa última colección en Sargadelos

Publicado el día 2016-07-13

luis-ramirez-sargadelos

En Sargadelos tivemos o pracer de colaborar este pasado mes de agosto co artista cubano Luis Ramírez (http://www.dekuba.com), quen decidiu realizar a maior parte da súa nova colección na nosa singular cerámica. Dita colección participa na exposición internacional “D’DISEGNO. Respuesta cubana!”
http://arteporexcelencias.com/es/noticias/2013-09-06

Recentemente a revista internacional designboom(http://www.designboom.com) premiaba o seu traballo realizando unha ampla publicación sobre os seus novos produtos.

http://www.designboom.com/design/porcelain-lampara-by-luis-ramirez-dekuba-09-28-2013/

“O noso amigo Luis Ramírez (dekuba) enviounos imaxes da súa última colección de pezas de porcelana.
O deseñador cubano que foi gañador do noso concurso “cerámica para o almorzo” co seu proxecto ‘trópicos produtora’ estivo a elaborar gran parte da súa nova colección na fábrica de porcelana de Sargadelos en Galicia, España, considerada entre as mellores do mundo en termos da calidade do material utilizado. A colección inclúe vasos para servir café ou zumes, candeeiros, lámpadas e floreiros, cuxas formas orgánicas se realizaron, para mover, rotar, e crear un diálogo entre si. En particular, os aspectos formais e funcionais dos seus deseños -as formas mixtas tamén actúan como unha cómoda asa- están estreitamente relacionados. “