Galería de Cervo

Galería Cervo Sargadelos

Esta Galería inaugurouse na mesma data e lugar que a fábrica de cerámica de Sargadelos: no concello de Cervo da Mariña luguesa en maio de 1970. Ademais das pezas e libros actuais, alí pódense ollar as antigas louzas de Sargadelos, dos séculos XIX e XX, e unha ampla mostra de cerámica popular española e estranxeira.

Correo: sargadelos@sargadelos.com
Teléfono: 982557686 // 982557841
Fax: 982 981 584

Horario:
Luns a venres de 9:30 a 19:30 h. (Ininterrompidamente).
Sábados de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h.

Visita gratuíta á fábrica de Cervo:

É posible visitar a planta de produción de maneira libre e gratuíta durante todo o ano, sen acompañamento de guía, de luns a venres laborables en horario de 8:30 h a 14:30 h.

Unicamente será necesario realizar reserva previa no caso de visitas guiadas para grupos de máis de 10 persoas. Para iso debe chamar ao teléfono de Atención ao Cliente 982 557 841 ou tamén pode solicitalo vía email en visitas@sargadelos.com.

Dirección: Paraño, s/n; 27891 Cervo (Lugo).