FOROS DE DEBATE 2017

Publicado el día 2017-10-31

Cartel Foros de Debate Fundación Sargadelos 2017-01

A FUNDACIÓN SARGADELOS, coa intención de fomentar o diálogo e a tolerancia, á vez que impulsar a vida cultural da mariña lucense, organiza uns FOROS DE DEBATE que, a través dun ciclo de conferencias desemboque nos obxectivos antes apuntados.

Para esta VII Edición escolleuse o tema: “ÉTICA E POLÍTICA”, e a nosa pretensión é que a cuestión sexa abordada desde as diversas perspectivas: intelectual, académica e política, por invitados de solvencia acreditada.

Os FOROS celebraranse os catro venres do mes de Novembro e todos eles estarán abertos ao público, libre e gratuitamente.

Interveñen:

D. Alberto Núñez Feijoó. Presidente da Xunta de Galicia.
Dña. Rosa Díez González. Fundadora de UPyD e ex-eurodiputada.
D. Íñigo Errejón Galván. Diputado de Podemos.
D. Patxi López Álvarez. Secretario de Política Federal do PSOE.