Exposición Sargadelos e o Camiño de Santiago

Publicado el día 2016-07-13

14400981963-exposicion-sargadelos-e-o-camino

A exposición recolle unha mostra da iconografía compostelá interpretada por Sargadelos dende os inicios da marca.

A inventio do Sepulcro do Apóstolo Santiago e o Camiño Francés que uniu a Compostela coa Europa central, é, e segue sendo motivo dunha extensa iconografía, representada nos códices miniados, estatuaria de pedra, xoiaría, acibeche, imaxinaría de madeira, etc., e SARGADELOS non podía deixar de rexistrar este acontecer.

SARGADELOS fai un percorrido dende os símbolos do camiño (cabaza, vieira…), incidindo na arquitectura das igrexas románicas máis importantes dos camiños inglés e francés, diferentes tipoloxías de peregrinos, personaxes ilustres relacionados con Santiago, pasando polos instrumentos do pórtico da gloria, finalizando na particular interpretación dos profetas da Porta Santa.

No espazo tamén se poden observar os pasos necesarios para realizar unha peza en porcelana de SARGADELOS, dende o primeiro bosquexo, incluíndo o modelo, molde, estudo de decoración ata chegar á peza final. Onde o visitante poderá comprobar habilidade que require o noso proceso produtivo.