Exposición “Deseño de Produto: Superficies”

Publicado el día 2016-07-13

organizada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en colaboración con Sargadelos.

Este mércores terá lugar ás 19.30 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 16) a inauguración da exposición “Deseño de Produto: superficies”, organizada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en colaboración con Sargadelos.

A mostra é unha parte dos traballos de deseño de superficies realizados polo alumnado de 2º curso das EE.SS. de Grao en Deseño de Produto en 2015. Trátase fundamentalmente de varias propostas de deseño de superficies para vaixelas de Sargadelos, e unha escolma de distintos deseños de papel pintado inspirados na obertura da obra de Gioachino Rossini “Il barbieri di Seviglia”, cuxas texturas son á súa vez aplicables a todo tipo de produtos como taburetes ou caixas.

A exposición estará aberta ó público até o vindeiro 3 de xullo no horario habitual da galería: luns a sábado de 10.30 a 14.00 h. e 16.30 a 20.30 h.