A botella de Sargadelos para Olei

Publicado el día 2016-07-13

botella-olei

Edición especial do novo aceite galego

O deseño realizado para Olei trata de conxugar a imaxe corporativa da innovadora empresa de aceite coa iconografía propia de Sargadelos.

A decoración, no inconfundible azul cobalto, baséase nunha xeometrización da rama da oliveira, establecendo unha inequívoca relación entre continente e contido.

O resultado é una botella de porcelana de alta calidade cocida a 1435º, con capacidade de 500 ml e rematada por un tapón cilíndrico decorado cunha característica franxa azul. A altura total do conxunto é de 18 cm, coidadosamente presentado nunha caixa de madeira.