Vaixela Sushi 2 servizos

32062003

139,67 €

Descripción do Produto:

Con motivo da súa recente incorporación ó esixente mercado xaponés, a marca galega Sargadelos  deseñou, fabricaou, e incorporou como novidade ó seu catálogo a Vaixela  Sushi. Trátase dun conxunto de pezas de porcelana para dous comensais, inspirado na estética do país nipón  combinada co  característico e inconfundible selo que SARGADELOS imprime ás súas creacións.

A Vaixela  Sushi componse dunha fonte-barca, como referencia ós botes de pesca galegos, cuncas, pratos e dous repousa-palillos en forma de peixe carpa de inconfundible acento  sargadeliano e referencia oriental. En definitiva, unha agradable sorpresa dirixida a un público novo amante dos produtos innovadores e de gran calidade.

1 produto da mesma categoría: