Queimador Incenso Triangular

05013380

29,75 €

Descripción do Produto:

COLECCIÓN AROMAS DE GALICIA

A colección aromas de Galicia recolle as esencias olfativas das paisaxes galegas, as notas máis evocadoras dos nosos bosques, vales e mares co propósito de que todo o mundo poida gozar de tales fragrancias no momento e lugar que desexe.

INCENSO NAG CHAMPA

O incenso Nag Champa é o aroma típico dos Ashrams ou mosteiros do norte da India e Nepal, onde se utiliza desde hai séculos para axudar ao recollemento e á meditación. Este aroma está creado con esencia de sándalo e aceites de flores entre elas a champaca, considerada flor sacra en todo o sudeste asiático.

DECORADO TRIANGULAR

Baseándonos na forma básica do triángulo, clave da xeometría e símbolo da harmonía a divindade e a proporción deseñamos o decorado triangular onde as cores cerámicas combínanse creando vistosos xogos cromáticos.

CONTIDO

- Un Queimador de Incenso Triangular (queimador + prato).

Diámetro prato: 12 cm.
Altura aproximada do conxunto: 10,5 cm.

- Un pack 15 varillas Incenso Nag Champa (20,5 cm).
- Un cuadríptico orixe e significado.
- Un díptico explicación decorado.

24 produtos da mesma categoría: