Pomba San Andrés

05013340

24,79 €

Descripción do Produto:

Longo: 12,5 cm.

Ancho: 6 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

A HERBA DE NAMORAR DE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

“A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”, advirte o dito popular.

A San Andrés –apóstol como o seu irmán Santiago, e tan querido en Galicia como él –adicouse un famoso santuario, que se levanta preto do Atlántico, na vertente occidental do antigo Promontorium Artabrum, o cabo Ortegal dos nosos días, entre os acantilados más altos de Europa.

Os romeiros visítano os venres, sábado e domingo de Pentecostés; os meses de agosto e setembro, e do 27 ó 30 de novembro, día da festividade do santo.

Ninguén ousa facer daño a un lagarto, un escarabello, un rato ou calquera outro animaliño, por temor a que seña una ánima que vai cumpri-la.

Os pelegríns botan una pedra nos milladoiros que aparecen ó longo do camino, beben auga da fonte do santo, e adovían as varas de aveleira coa flor Armería Marítima Willdenow, que collida nestes campos, axuda a atopar e perpetua-lo amor, polo que se coñece como “herba de namorar”.

“A herba de namorar,

a herba namoreira,

a herba de namorar

tráiocha na faltriqueira”.

Dos efectos que a herba de namorar pode causar entre os namorados, fala esta outra cantiga:

“Meu santiño San Andrés,

eu como foi non o sei,

pero sei que fomos dous

e voltar, voltamos tres”.

30 produtos da mesma categoría: