Pano Pequeno Castelaos

CPS01030

37,19 €

Descripción do Produto:

Inspirado no trazo da firma de Rosalía de Castro xorde a idea deste pano. Trátase dunha serie de retratos desta autora, debuxados a partir dunha única liña que imitan a forma tradicional de escritura, a manuscrita.

As cores empregadas son o branco e o azul; branco como o papel sobre o que ela escribía, e azul por ser xunto có verde a cor que máis escribía para describir a Galicia. O azul pódese atopar en moitos dos seus versos, chegando incluso a dar nome a algúns dos seus poemas, como "No ceo, azul crarísimo" ou "Del mar azul las transparentes olas".

Este exclusivo pano está feito en España, confeccionado polos nosos artesáns sobre seda natural e rematado 100% a máquina cun deseño 100% cultural.

Características:

  • Tamaño: 45 x 45 cm.
  • Material: 100% Seda Twill.
  • Inclúe estoxo premium.



30 produtos da mesma categoría: