Pano Medallas

CPS01014

106,61 €

Descripción do Produto:

A raíz dunha serie de medallas deseñadas nos anos 70 por Carmen Arias “Mimima” xorde a idea deste pano, a modo de homenaxe o seu traballo.

Na medalla orixinal aparece unha moza rodeada de puntos de cores, que neste pano representamos como flores de camelia a piques de florecer. O clima galego é idóneo para o crecemento desta planta, é por iso que a podemos atopar ó longo de toda a xeografía galega, sobre todo a media altura sobre o nivel do mar.

Este exclusivo pano está feito en España, confeccionado polos nosos artesáns sobre seda natural, elaborado a man cun deseño 100% cultural.

Características:

  • Tamaño: 90 x 90 cm.
  • Material: 100% Seda Twill.
  • Inclúe estoxo premium.



30 produtos da mesma categoría: