Xogo Café 12 servizos Triangular

31751102

355,37 €

Descripción do Produto:

Nos anos 20, florece unha corrente artística fundamentada na abstracción xeométrica que parte como unha reacción fronte ó excesivo subsetivismo da arte de épocas anteriores e fomenta o distanciamento do puramente emocional. Esta arte, baseada no uso de formas xeométricas simples, combinadas en series, repeticións ou tramas e onde a forma domina fronte á cor, pretende ser o marco onde se desenvolva esta nova liña de SARGADELOS.

Iniciamos a Colección Xeométrica cunha edición limitada (500 unidades) do decorado Triangular, baseado nesta forma básica, clave da xeometría e símbolo da harmonía, a divindade e a proporción. Ordenado en series e contrastado mediante o uso de cores crea unha composición equilibrada e harmoniosa que resalta as formas e potencia a porcelana.

Composición:

12 Tazas café con prato (100 ml)

1 Cafeteira (950 ml)

1 Leiteira (250 ml)

1 Azucreiro (300 ml)

Colección Geométrica - Decorado Triangular

Edición Numerada(500 unidades)

Material: Porcelana

Coidados: Apto para lavalouzas e microondas

30 produtos da mesma categoría: