Gargantilla Montecastelo G Azul e Marrón

64201001

86,78 €

Descripción do Produto:

Gargantilla en Prata de Lei e Baño en Rodio con engaste porcelánico esmaltado e pintado a man.

Cadea veneciana de 2 mm de 45 cm de longo e cadea de alongamento de 4 cm.

Pirámide porcelánica: 15,10mm x 15,10mm x 10 mm.

Cor: Azul e Marrón.

A Colección Montecastelo pertence ao ADN de SARGADELOS cunha forte inspiración no entorno onde se elaboran coidadosamente cada unha das pezas da firma. En concreto esta colección nace facendo referencia a un dos miradores máis coñecidos da zona de Burela a poucos kilómetros da Fábrica de Porcelana e que posee unha das máis fermosas vistas da zona.

Cada unha das pezas desta colección mantén os xa altos stándares de calidade de SARGADELOS, prata de lei, terminacións de luxo, deseñado, modelado, pintado peza a peza e producida íntegramente cos métodos ancestrais de máis de dous séculos de experiencia artesá que agora se unen a un deseño de vangarda, cosmopolita e atemporal, baixo o selo inigualable de FEITO en GALICIA.

9 produtos da mesma categoría: