Faro Prior

05006000

54,55 €

Descripción do Produto:

O Cabo Prior constitúe unha das típicas fsterras da costa galega e cerra polo n orte o Magnus Portus Artabrorum do que falan Mela, Plinio e Ptolomeo. Por un documento do rei Sancho o Bravo, de de 1286, sabemos que os monxes de Sobrado cobraban o décimo do aproveitamento das baleas que se despezaban na enseada de Prior. Logo, Nuno Freire de Andrade apropiouse das posesións dos monxes e mandou construír un porto e o faro máis primitivo.

O actual Faro Cabo Prior luciu por primeira vez o 1 de marzo de 1853 cunha luz fixa branca que acadaba a distancia de 15 millas mariñas.

Alto: 23 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

10 produtos da mesma categoría: