Faro Illas Cíes

05006001

54,55 €

Descripción do Produto:

Na entrada da ría de Vigo, como se dunha barreira defensiva se tratase, están as Illas Cíes, un arquipélago composto polas illas de Monteagudo, Faro e San Martiño, que lle serven de abrigo natural e de defensa dos golpes de mar arborada procedentes do Atlántico.

Dada a situación das Illas Cíes, a mediados do século XIX a Compañía Peninsular e Oriental de vapores ingleses do porto de Vigo solicitou ao Ministerio de Estado a colocación dun faro que lle servise de axuda aos barcos para acceder ao porto e aos que viñan de América e se dirixían ao norte de Europa.

Alto: 25 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: limpar cun pano suave e húmido.

10 produtos da mesma categoría: