Faro Cabo Vilán

05006002

54,55 €

Descripción do Produto:

Alto: 26 cm.

Material: Porcelana.
Limpar cun pano suave e húmedo.

O Cabo Vilán é un dos puntos máis occidentais da costa galega, pertence á parroquia e municipio de Camariñas, na Coruña. Situado en pleno corazón da célebre Costa da Morte, rodeado dunha grandiosa paisaxe exténdese este promontorio en dirección Sur-Norte rematando nunha punta fronte á que se atopa a illa Vilán de Fóra. Ten forma cóncava no seu litoral Oeste, e convexa no Este dando lugar á enseada da Arneliña.

Inmóvil espectador de temporais, oleaxes, e traxedias, os baixos máis avanzados que se poden ver cara ó Norte dende o Faro son os de O Boi, cubertos case de continuo por espumeiros e oleaxes.
Dende que no 1773 se afundira cerca de Camariñas o correo español La Cantabria con 15 tripulantes a bordo, son moitos os barcos que repousan nas súas augas: alí están a máis do Serpent, o Tinacria, o Preston, o cementeiro Begoña, o italiano Ciampa, e outros.
A Comisión de Faros, pensando na necesidade de situar alí unha luz moi importante, prefire as illas Sisargas e coloca unha pequena luz no Cabo Vilán pola proximidade do Cabo Touriñán; esta pequena luz sería un faro de 4.ª orde cuxo proxecto se aproba no 1852.
O edificio era un rectángulo de 18,6 x 11,65 capaz para dous torreiros. A torre de sillería estaba empotrada nel; composta de dous pequenos corpos, a base prismática octogonal, e o fuste en troncopiramidal do mesmo número de lados.
Con lanterna da casa Letorneau acendeuse por primeira vez o 1 de xullo do 1854.
O seu emprazamento non foi moi afortunado, construído no punto máis alto, ó inaugurarse comprobouse que a súa altura non salvara a rocha máis saínte do cabo, producindo unha zona de escuridade xusto no lugar onde están os baixos; intentouse dinamitar a altura destes e só se conseguiu diminuír o ángulo cego.
Para salvar ese inconvinte, no 1860 a Comisión de Faros propón construír un novo faro no emprazamento actual, conservando o edificio dos torreiros e a torre alonxada del.
Proxectado polos enxeñeiros Francisco Lizárraga e Adolfo Pequeño foi o primeiro Faro eléctrico de España e acendeuse por primeira vez o 15 de xaneiro do 1896.
A torre actual é de sección octogonal, de pedra granítica, o foco está situado a 24 m. sobre o terreo, cimentado encima dun peñón que está a 80 m. sobor do nivel do mar.

Bibliografía:
- Faros españoles del Océano. Miguel A. Sánchez. Ed. M. O. P. U.
- Gran Enciclopedia Gallega. Silverio Cañada.

10 produtos da mesma categoría: