TRABALLA CON NÓS


Interior fábrica O Castro

SARGADELOS é unha sociedade limitada que ten como principal accionista á empresa Cerámicas do Castro S.L.

Na actualidade, conta con dúas plantas de produción nas que traballan ao redor de 250 persoas. Unha planta está situada en O Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e a outra en SARGADELOS, no concello de Cervo (Lugo).

Para a venda dos seus produtos SARGADELOS dispón de varios puntos de distribución exclusiva, as Galerías SARGADELOS, aos que se engaden unha rede de máis de sesenta tendas de decoración e xoierías que comercializan os nosos artigos en España e outros países.

As creacións de SARGADELOS figuran nos libros de deseño e nas revistas que crean tendencia, constituíndo un referente global no mundo da cerámica. Moitos artistas e escultores achéganse a SARGADELOS para coñecer e impregnarse do seu vangardismo e excelencia.

Para formar parte do noso equipo podes mandarnos a túa candidatura por email á rrhh@sargadelos.com indicando no asunto da mensaxe o nome e apelido do solicitante. Atención:RRHH.