CULTURA EMPRESARIAL


Fábrica SargadelosFábrica de Sargadelos

Interior fábrica O CastroInterior Fábrica de O Castro

Bocetos QuijoteBosquexos Figura Quixote

Modelos de decoraciónModelos de decoración

Hermanos AliantoIrmáns Ailanto

EMPRESA

SARGADELOS é unha sociedade limitada que ten como principal accionista á empresa Cerámicas do Castro S.L.

Na actualidade, conta con dúas plantas de produción nas que traballan ao redor de 250 persoas. Unha planta está situada en O Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e a outra en SARGADELOS, no concello de Cervo (Lugo).

As dúas plantas industriais intégranse nunhas contornas singulares, con museo, tenda e piscina; así como unha arquitectura e grandes murais que outorgan ao conxunto unha personalidade moi característica que fixo que as instalacións de SARGADELOS sexan declaradas Ben de Interese Cultural.

Para a venda dos seus produtos SARGADELOS dispón de varios puntos de distribución exclusiva, as Galerías SARGADELOS, aos que se engaden unha rede de máis de sesenta tendas de decoración e xoierías que comercializan os nosos artigos en España e outros países.

Xunto á súa actividade industrial e comercial, SARGADELOS caracterízase por patrocinar un importante labor de difusión e promoción da cultura (con especial fincapé nas nosas raíces galegas) que realiza a través da FUNDACIÓN SARGADELOS.


INDUSTRIA

A produción cerámica é a principal actividade de SARGADELOS desde o seu nacemento no século XIX, cando Antonio Raimundo Ibáñez foi capaz de levantar a primeira fábrica de louza na Mariña luguesa.

As producións de SARGADELOS sobresaen polo coidado artesán co que son fabricadas cada unha das súas pezas. Todas as súas vaixelas, figuras e xoias de porcelana están decoradas e rematadas a man despois de saír dos fornos das súas factorías en O Castro, Sada (A Coruña) e SARGADELOS, Cervo (Lugo).


TECNOLOXÍA

A renovación tecnolóxica atópase na identidade da Cerámica de SARGADELOS desde as súas primeiras etapas, no século XIX, cando introduciu a louza alumada e a estampaxe litográfica en España.

Co mesmo espírito precursor, desenvolveu nas últimas décadas un proceso único de enfornado das súas creacións, co que consegue alcanzar unhas fermosas cores luminosas de enorme resistencia á erosión.


DESEÑO

Unha das principais sinais de identidade das porcelanas de SARGADELOS é a orixinalidade dos seus deseños, a maioría inspirados en motivos e formas tradicionais da cultura galega e celta en xeral.

Todas as creacións de SARGADELOS son reconocibles polas súas cores propias, tipografía xenuína e moldes exclusivos, froito do talento de artistas galegos tan sobresalientes como Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e Xosé Vizoso.

Para alcanzar a eficacia nos seus deseños, os artistas de SARGADELOS esfórzanse en proxectar e deseñar formas baseadas nunha necesaria procura de información que outorgue significado e sitúe no tempo as obras desenvolvidas.

As creacións de SARGADELOS figuran nos libros de deseño e nas revistas que "crean tendencia", constituíndo un referente global no mundo da cerámica. Moitos artistas e escultores achéganse a SARGADELOS para coñecer e impregnarse do seu vanguardismo e excelencia.


COLABORACIÓN CON ARTISTAS

SARGADELOS sempre estivo aberto a colaborar con artistas de prestixio, desde creadores galegos como Souto, Colmeiro, Castelao, Maside, Laxeiro, Acisclo Manzano, Caruncho, X. Quessada, Francisco Leiro ou Antonio Murado; ata figuras internacionais como Eddy Varekamp ou Norman Trapman. Sen esquecer a deseñadores de tanto renome como os irmáns Ailanto ou Martín Azúa; ou ceramistas como María Bofil, Arcadio Blasco, Enrique Mestre, Luís Castaldo e Anxo Garraza, entre outros moitos.

Todos eles achegaron os seus coñecementos en colaboracións, experiencias de talleres e seminarios realizados nas nosas instalacións. Adaptando, algúns deles, as súas creacións ás formas propias e a maneira de traballar dos talleres de SARGADELOS.

Por todo iso, o amable lector, comprenderá que DESEÑO, CULTURA, HISTORIA E CALIDADE son os nosos acenos de identidade.