1949 - Actualidade

Quinta Etapa


díaz pardoIsaac Díaz Pardo e Luis Seoane

Seoane Díaz PardoSeoane e Díaz Pardo na fábrica do Castro

complejoVista Complexo Sargadelos

produccionPlanta de Producción de Cervo

toxoInspiración Decorado Toxo Color

buguinaBuguina

O CASTRO DE SAMOEDO
Previamente á inauguración en 1970 do novo SARGADELOS en Cervo (Lugo), Isaac Díaz Pardo inicia en 1949 en Sada (A Coruña), preto dun castro celta, un taller cerámico que acaba converténdose no complexo industrial de Cerámica do Castro.

Logo de experimentar técnicas e deseños diferentes, Díaz Pardo e os seus colaboradores optaron por reproducir, en series moi limitadas, figuras orixinais de artistas plásticos, utilizando terras galegas da Mariña Lucense, coas que se obtiña unha pasta fina, translúcida de gran dureza e brancura, que achegaban gran calidade e brancura á porcelana.

A inquietude empresarial e artística de Isaac Díaz Pardo levouno a iniciar en Arxentina experiencias cerámicas, o que lle permitiu contactar con exiliados galegos, entre os cales destacou o pintor Luís Seoane. Esas experiencias que, empresarialmente acabaron mal, serviron, con todo para interesar aos intelectuais galegos exiliados na Arxentina desde o final da guerra civil española na intención de traballar pola recuperación económica e cultural de Galicia, que se plasmou en 1963 coa creación do Laboratorio de Formas.

Mentres, O Castro en 1960, construíu unha nova planta incorporando á súa produción deseños entroncados con motivos abstracto-xeométricos tomados do románico e do barroco galegos, ou as formas que, dalgún modo, gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románico.

SARGADELOS

Nese proxecto, liderado por Díaz Pardo e Seoane, de recuperación económica e cultural de Galicia hai que enmarcar o rexurdimento de SARGADELOS. En 1968, comezaron as obras da factoría de Cervo (Lugo), tras a constitución da sociedade Cerámica de SARGADELOS, comezando enseguida a fabricación das primeiras pezas. Tratábase de restaurar nesa nova etapa o espírito de empresa do antigo SARGADELOS asociado a unha concepción cultural revisionista do que significaba Galicia.

O éxito de tal emprendemento foi inmediato, o deseño e a calidade axuntáronse coa historia, convertendo a marca SARGADELOS nun referente icónico do que é e representa Galicia. En tal logro, a capacidade de traballo e empresarial así como a calidade artística de Isaac Díaz Pardo, tivo unha participación importante. Aínda que non debemos esquecer a inspiración diseñística de Luís Seoane e o esforzo e dedicación dos varios centos de traballadores que consideraban e consideran SARGADELOS como algo máis que unha empresa.

Despois de superar unha etapa convulsa a principios deste século, SARGADELOS actualmente explora novas liñas de produto, aumenta as súas cifras de negocio e de novo sente querida polos galegos e orgullosa de expandir o seu bo facer e a súa marca allende nosas fronteiras.