Anel Espiroide

73,55 €

Descripción do Produto:

A Colección Espiroide está inspirada nunha diadema celta da Idade de Bronce achada no Castro de Elviña a mediados da década dos anos 30.
Elviña foi habitada por asentamentos celtas desde a Idade de Ferro, converténdose nun castro marítimo único, destacando pola súa virtuosidade nos campos da ourivaría e olería.

En cada peza da colección Espiroide destaca a súa estrutura en Filigrana de Prata 925 co motivo espiroide da xa citada diadema.

Anel con engaste en garra coroado pola porcelana azul intenso que procede de Sargadelos, modelada, pintada e esmaltada artesanalmente una a unha.

Anel en Prata de 1ª Lei 925 e pátina envellecida.
Engaste porcelánico pintado a man en Cor Azul Intensa.
Fornitura porcelánica: Semi Esfera 11.85 mm x 8mm.

Tallas: 12-14-16.
Tallas 18-20 Baixo pedido. Tempo de entrega 30 días.

Tamén lle pode interesar:

12 produtos da mesma categoría: