Sargadelos .
.

Seminario de Sargadelos 
 
En 1972 fundouse o Seminario de Sargadelos como un Instituto de Investigación Técnica e de Sistemas de Comunicación. Desde o ano da posta en marcha, e desde 1985 conxuntamente en Sargadelos e no Castro, convoca uns encontros estivais en torno a experiencias de tecnoloxía cerámica e Escola Libre nas que se traballa sobre temas relacionados coa cerámica, deseño, imaxe, comunicación...

Imaxe
Pezas realizadas polos alumnos das experiencias estivais de Sargadelos.

Imaxe Imaxe
 
.
Por estas experiencias de Sargadelos que se celebran tódolos anos no mes de agosto pasaron xa máis dun millar de participantes que conviven co persoal especializado, empregan os materiais e medios técnicos e se identifican co entorno cultural e industrial de Sargadelos, ademais de poder participar nas actividades culturais complementarias.

Imaxe

Imaxe
Imaxe

ImaxeImaxe
 
.
Agás unha peza que a dirección do Seminario selecciona para a súa colección, as obras realizadas son propiedade dos autores. A experiencia e as actividades son gratuítas e da selección de aspirantes encárgase a secretaría do Seminario, que terá que recibir as solicitudes de participación antes do 31 de maio no caso de cidadáns españois e do 30 de abril os estranxeiros.

Dende a súa creación, o Seminario de Sargadelos vén colaborando en investigación tecnolóxica co Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago e foi o principal responsable da creación do Instituto de Cerámica nesta Universidade.



Grupo Sargadelos: Museo Carlos Maside | Laboratorio de Formas | Instituto Galego da Información