|
 |
EDICIÓS DO CASTRO
Como unha creación máis do Laboratorio de Formas, en 1963 naceu a dimensión editorial do Grupo Sargadelos co nome de Ediciós do Castro, empeñada na recuperación da memoria histórica de Galicia, no estudio da realidade actual, no espallamento científico das nosas bases económicas e das nosas formas culturais. |
 Laboratorios de Industria e Comunicación do Castro de Samoedo, que alberga a Ediciós do Castro. |
|
 Portada das Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. |  |
Os Catálogos de Ediciós do Castro reflicten que entre as súas diversas coleccións (poesía, ensaio, narrativa, filoloxía, economía, teatro, etnografía, arte, historia...) deben subliñarse a colección dedicada ás publicacións do Seminario de Estudos Galegos, os Documentos, os Cadernos do Seminario de Sargadelos e do Laboratorio de Formas.
Para atender a súa dimensión editorial foi preciso crear os Laboratorios de Industria e Comunicación no Castro de Samoedo e incorporar a vella imprenta Moret da Coruña, que xa se encargaba de imprimir as publicacións de Ediciós do Castro.
|
 Portada que Ediciós do Castro e o Seminario de Estudos Galegos realizaron do Tumbo A da catedral de Santiago.
|
|
 Miniatura do Tumbo A, de Raimundo de Borgoña. |  |
Os dous primeiros títulos publicados polo Castro foron El toro Júbilo, gravados de Luís Seoane e El ceramista Erranz y su escuela, monografía de Díaz Pardo, en 1963 e 1964 respectivamente. Logo seguíron libros de Curros Enríquez, Blanco Amor, Emilio González López, Daniel Cortezón, ou Neira Vilas, que leva publicadas 21 edicións da súa famosa obra Memorias dun neno labrego, así ate achegar a 1300 títulos, preparados por máis de 700 autores, nestes xa corenta anos de labor editorial traballando pola nosa historia, pola nosa lingua e pola nosa cultura.
Catálogo de publicacións de Ediciós do Castro en formato PDF
|
Novidades Como contactar |
|
Portada | Grupo Sargadelos | As Cerámicas | O Castro | Sargadelos | As Galerías
|