Sargadelos Museo Carlos Maside


Castelao
Laxeiro
Maside
Seoane
Souto




Manuel Colmeiro Guimarás

Colmeiro

As panadeiras
As panadeiras
Un dos pintores máis representativos do Movemento de Renovación da pintura galega, esforzado sempre na búsqueda da personalidade transcendente e da tradición máis auténtica de Galicia, Manuel Colmeiro Guimarás naceu na aldea de Chapa (Silleda, Pontevedra) cos albores do século XX. Sendo aínda moi novo, a súa familia instalouse en Bos Aires, onde recibiu as primeiras clases de pintura. De regreso fixo a súa primeira exposición individual cando contaba 27 anos nos salóns de Faro de Vigo, e de seguido en Barcelona, Madrid, Lisboa, Lugo e outras cidades galegas, coa temática dos homes e mulleres do campo galego como protagonistas.

Fuxindo dos horrores da guerra civil emigrou de novo a Arxentina, onde esgotou unha brillante etapa de muralista de edificios públicos e continuou coas súas paisaxes e cadros galegos de depurada técnica. En 1950 instalou o taller en París e tal vez influenciado por Cézanne e o cubismo realizou a súa obra de maior madurez artística. A partir dos anos 60 as súas estancias en Galicia fanse cada vez máis constantes ata afincarse definitivamente na terra natal, onde continuou insistindo na súa plástica nunha poética galega. Morreu en 1999 en Galicia.


Portada         Museo Carlos Maside: Castelao | Laxeiro | Maside | Seoane | Souto