As cerámicas de Sargadelos preséntanse nun amplísimo catálogo de formas, motivos, relevos e cores exclusivas, desde completas vaixelas, ata figuras ornamentais e xoias de deseño orixinal.
As formas en relieve son características da Planta do Castro de Samoedo onde, en tempos, se creou unha amplia variedade delas, inspiradas en elementos orgánicos ou arquitectónicos.
Trátase de formas concebidas baixo o influxo de ideas con intención innovadora e asociadas ao racionalismo imperante nos anos sesenta do século pasado.
Esta forma, moi intelectualizada, incorpora elementos de xeración xeométrica hiperboloide, sobre a que se aplican decorados que responden a síntese e actualizacións de formas que tiveron vixencia na cultura popular e na cultura culta de Galicia.
A colección tradicional recolle unha serie de formas de superficies lisas, que se prestan para aerografiar, mediante estarcidos, distintos decorados baixo cuberta.