Axenda

Cartel

Ampliar Ampliar

Currículum

Boxeadores nº 1

Burning flames

Pontedeumesas

Porto da Coruña

Exposición de Jorge Cabezas

14 de novembro / 12 de decembro

Galería da Coruña


AREA DA PRAIA. Pintura recente
Apunte para unha exposición que chega
das gaiolas abertas dos calquera de Diego ás praias coloreadas de Jorge Cabezas.
(un falar das nubes)
Dende o balcón podiamos ver as esculturas.
Así os átomos traídos pola arte de Diego e afastados doutros posibles, ficaban de desviarse para se constituír nos artefactos que ían acompañar a nosa conversación.
Gaiolas con múltiples ventás que en parte contradicindo o anterior lanzaban de continuo e novamente corpúsculos móbiles que se achegaban ó noso campo visual da man do camiñante a espera do elevador.
E como no caso dunha cantarela sobre o emprego dos recursos na ideación espacial das criaturas de Diego, chegaban digo a dispornos nun operar perceptivo de masiva pregnancia.
E pensabamos os artefactos que un calquera ó andar atento polo mundo pode ben identificar cunha pluralidade mórfica de asuntos que poden ou non remitir ó reino animal ou vexetal, trazar un arte mínima ou barroca, ou ser o fin sen máis, un falar das nubes.
Pois as esculturas debuxaban ó longo da sala un aquel mundano, ambiental do que as criaturas que viven agora na memoria da galería e tamén neste conto, marcharon para mudar de clima ó tempo que o desocupar a sala fisicamente dábanlle acollida ás personaxes marítimas de Jorge.
Mais este é outro asunto, tal vez outro campo que se nos abre para seguir a parola, a cantarela sobre os materiais, o sentido ou as formas que tiradas da area virían pensar a partir do día catorce de novembro ante nós e con nós os sentidos desta arte plástica...

Píntalle un retratiño, Cabezas, que se deitou con fame e amenceu soa. Píntalle un retratiño con esa manciña coa que o Little George amarraba o pescozo, o mínimo para afogar o mínimo para non extraviar o seu idem. Quere ser santa, quere ser cromática, quere ser un tatooedding de rapaza-bolboreta no seu brazo. "Ti non fumas, Jorge?, inquire unha pequena femia do comando pelo crecho. "Eu… eu pinto cadros", sentencias para volver desbaratar tanto a conversa como o silencio. Aí vai un dos prototipos de deus, unha sorte de mutante poderoso que nunca foi considerado para a producción en masa: moi raro para vivir e escaso para morrer. Bendito ti entre todos os músicos, sabio, tremendamente sabio, tunante xeneroso para hordas e dordas, diverxente rapsodo de cipotes archidonenses, parabólico artilleiro de pelotas de tenis a prazas e heroínas. Pinta copas mancha copas debuxa bastos pinta pintura, deixa outra vez a manciña ceiba. Por que non invocar a Bruce Lee: o meu estilo, o meu estilo é a arte de loitar sen loitar. Píntalle un retratiño, Cabezas, un tatooedding de rapaza-bolboreta. E agocha o seu brazo-lenzo nun recanto do teu estudio. O resto, non importa. Sei que xa nunca te perdes, que só te pos perdido.
Ana Rodríguez